Noticias


lunes, 30 de octubre de 2017 Fiateira Motor patrocina con una furgoneta los desplazamientos de bandas a conciertos

As bandas Terbutalina, Bala, Agoraphobia, Os Amigos dos Músicos e Fogbound son as primeiras en beneficiarse dun novo xeito de patrocinio que as apoia nas súas xiras.

Fiateira Motor, concesionario oficial Fiat Professional na Coruña, empresa asociada de Agrela, puxo en funcionamento durante os meses de setembro e outubro a iniciativa de Fiateira Motor Music dentro das súas liñas de Responsabilidade Social Corporativa.

Esta iniciativa pon a disposición de grupos de música de Galicia unha furgoneta Fiat Professional para que poidan acudir e levar o seu equipo aos seus concertos en salas e festivais. Con esta campaña tamén se elaborou mercadoría alegórica, como chapas e camisetas, que se poderá conseguir a través dun concurso na súa páxina de Facebook.

A furgoneta de Fiateira Motor Music xa levou a Terbutalina, Bala. Os Amigos dos Músicos ou Agoraphobia a concertos en cidades como Barcelona, Zaragoza, Sevilla ou Valladolid.



Enlaces relacionados