Normativa y subvenciones


miércoles, 19 de julio de 2017 DOG: BASES DAS AXUDAS ECONÓMICAS PARA A CREACIÓN DE ESCOLAS INFANTÍS 0-3 EN POLÍGONOS INDUSTRIAIS E PARQUES EMPRESARIAIS

ORDE do 4 de xullo de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2017 e 2018.

ENTIDADES BENEFICIARIAS:
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións empresariais ou entidades representantes dun parque empresarial ou polígono industrial, a título individual ou agrupadas, que reúnan os seguintes requisitos:
- Desenvolver a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Dispoñer dunha parcela de terreo apta para o establecemento dunha escola infantil nun polígono industrial ou parque empresarial ou nas súas inmediacións.
- Achegar un estudo que reflicta que existe un mínimo de 50 nenos/as menores de tres anos potenciais usuarios/as da escola infantil 0-3, incluídos/as os/as non nados/as e en proceso de adopción.
- Presentar un plan de viabilidade que permita a posta en funcionamento e o mantemento do centro durante un mínimo de 5 anos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Aberto até o 18 de agosto de 2017.
Período de vigencia
18/07/2017  - 18/08/2017